Planocio

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Mostra que recolle a obra de 40 artistas seleccionados polo Xurado de entre todos os que se presentaron a esta edición do Premio

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas na que poderemos ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Estes premios comezaron a celebrarse no ano 2001 nun momento en que os creadores do noso país tiñan escasas oportunidades de apoios económicos e institucionais que lle permitisen traballar nos seus proxectos. Os artistas teñen que presentar unha obra orixinal e inédita e de entre todos os presentados o xurado elixiu 40 que son os que poderemos ver nesta exposición. O premiado levará 6.500 euros mentres que os accésits, 1.500 euros cada un. Ademais, hai un Premio do Público que elixiran os visitantes da exposición e que está valorado en 1.200 euros.

O xurado de expertos, diferente en cada convocatoria, selecciona tanto as obras que forman parte da exposición e da publicación como os premios con dotación económica. Neste ano 2011 formaron parte do xurado: Isaac Díaz Pardo, artista e empresario; David Chao Castro, crítico e profesor de Historia da Arte, Facultade de Xeografía e Historia, USC; Silvia García, vicedecana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Agar Ledo Arias, Responsable de exposicións do Marco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo; Miguel von Hafe, director Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.
Os artistas seleccionados nesta edición son: Hugo Aldatz Alonso / Fruela Alonso / Carlos Álvarez / Begoña Ante / Misha Bies Golas / María Blanco / Jacobo Bugarín* / Miriam Cartagena / Rosendo Cid / Marcos Covelo-M8K8 / Culture Workers / Manuel Eirís / Josetxu F. Cárcamo / Tamara Feijoo / Carla Fernández Andrade / Iván Ferreiro / Marta Fortes / Iván Franco / Lúa Gándara / Christian García Bello / Ignacio García Gómez del Valle / Lucía García Rey / Amaya González / Horacio González Diéguez / Enrique Lista / Noemí Lorenzo / Carlos Maciá / Jesús Madriñán / Joan Morera / Antía Moure / Álvaro Negro / Gemma Pardo / Lois Patiño / Cillas Seyde / Federico Vladimir Strate Pezdirc / Ismael Teira / Mauro Trastoy / Edu Valiña / Juan Varela / Verónica Vicente.
Documentos relacionados:
- FOLLA DE SALA

Más información

¿Tienes dudas?

Puedes ponerte en contacto con el creador de este evento

Quizas te interese

Comentarios facebook
##NovosArtistas

Twittea utilizando el hashtag ##NovosArtistas y tu tweet aparecerá aquí

Publicidad

  • Planocio.com © 2012