De outubro a maio, a Real Filharmonía de Galicia e outras orquestras españolas e internacionais ofrecen no Auditorio de Galicia pretode 30 concertos, con máis de 100 pezas musicais e medio cento de directores e solistas invitados.
Grandes obras sinfónicas, corais e operísticas; estreas de autores galegos e concertos como o de Nadal ou o de Reis súmanse aos concertos familiares, os didácticos, ao ciclo de piano, ao ciclo de cámara e aos ensaios abertos ao público.
Fundada en 1996, a orquestra da cidade é hoxe unha formación con 52 músicos, tres directores -Antoni Ros Marbà como director artístico e titular, Maximino Zumalave, director asociado, e Paul Daniel, principal director invitado-, unha excelente crítica nacional e internacional, unha produción de 9 traballos discográficos, un nutrido currículo de xiras e un intenso calendario paralelo á temporada, que inclúe o ciclo de cámara Música na Compañía e a Escola de Altos Estudos Musicais para a formación dos futuros músicos galegos.
Auditorio de Galicia
24/09/201126/05/2012
Xoves e/ou venres, 21 h.
Dende 10 euros. 50% de desconto para estudantes e xubilados.
Á venda en:
Auditorio de Galicia: Tel: 981 571 026 – 981 573 979. www.auditoriodegalicia.org
www.caixagalicia.es. Tel: 902 434 443.
Más información