Mostra do artista Jeff Wall comisariada por Joël Benzakin
A exposición The Crooked Path, de Jeff Wall, non só constitúe unha oportunidade única para coñecer en profundidade a obra dun autor referencial da fotografía contemporánea, senón que permite reinscribir o seu traballo no contexto cultural en que este se desenvolveu.
Cincuenta e nove artistas, de Eugène Atget a Luc Tuymans, foron coidadosamente escollidos para establecer un proveitoso diálogo cunha traxectoria creativa enraizada na fotografía que acabaría por ter repercusión en todo o universo da arte contemporánea.
Exposición concebida e organizada por Centre for Fine Arts (Bruxelas) en colaboración co CGAC.
Más informaciónLa localización del evento es aproximada.