Planocio

Visitas guiadas á obra finalizada do Museo de Galicia
Hora de inicio: 12:00:00
A Cidade da Cultura pon en marcha o programa de Visitas guiadas á obra finalizada do Museo de Galicia, convidando a todos a gozar da beleza arquitectónica dun edificio chamado a converterse nun referente do século XXI.
A espectacularidade da súa fachada, os case 43 metros de altura e os seus máis de 16.000 m2 de superficie fan deste edificio deseñado por Peter Eisenman un dos máis senlleiros e con máis posibilidades de uso do complexo construído no Gaiás.

Por iso, a Cidade da Cultura ofrece a posibilidade de coñecer o espazo arquitectónico en si mesmo e descubrir os seus segredos.
Todos os días excepto os luns
Dúas quendas: 12:00 e 18:00 | 20 persoas por quenda
Duración aproximada: 90 min
Saída: Dende o Espazo On
A visita inclúe escaleiras e consta de percorridos longos a pé. É recomendable levar calzado cómodo.

RESERVAS
A actividade é de balde, pero é preciso reservar con antelación.
En caso de necesidades especiais de mobilidade (cadeiras de rodas, carriños de bebé...) ou dificultade física, por favor, indíqueo ao realizar a súa reserva.

Cidade da Cultura de Galicia
02/11/201131/03/2012
Todos os días excepto os luns
Dúas quendas: 12:00 e 18:00 | 20 persoas por quenda
Duración aproximada: 90 min
Saída: Dende o Espazo On
Sí, pero precisa inscrición previa: www.cidadedacultura.org/reservas

Más información

Quizas te interese

Comentarios facebook
#visitasguiadas

Twittea utilizando el hashtag #visitasguiadas y tu tweet aparecerá aquí

Publicidad

  • Planocio.com © 2012