
'Ao pé do lar: Memorias de cociña' busca ensinar ao visitante os elementos de continuidade e discontinuidade na construción destes singulares espazos domésticos, os seus pratos e as técnicas de procesado e elaboración.
Será un percorrido pola historia da gastronomía galega, que permita ao visitante aprender sobre esta cerna da sociedade antiga, tradicional e contemporánea de Galicia, e como tecnoloxía, técnica e cultura conflúen no mesmo punto. Encaixa, desde un punto de vista orixinal e único, co crecente interese ao redor da gastronomía en Galicia, como se pode observar en espazos coma o Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela e noutras actividades relacionadas coa ampliación de campos de interese ao redor do mundo da enogastronomía.
O sentido final é amosar a gastronomía e a identidade como un campo en constante evolución, como unha mestizaxe de elementos foráneos e autóctonos, como un contorno creativo. A exposición basearase no espazo, na disposición de elementos multimedia, nos percorridos e na interacción do usuario con determinados elementos da exposición. O sentido da exposición é o movemento ao través do tempo e do espazo, máis que a mostra de obxectos. Non se expoñerán obxectos de valor, pero se apostará pola dinámica, a percepción visual e a interacción co espectador a través dunha estrutura modular.
Ver todos los eventos de Xacobeo 2010
Quizas te interese
Comentarios facebook