Hora de inicio: 21:00:00
Esta noite, a Sala Capitol recibirá por segunda vez en Galicia a Mark Lanegan, coñecido como 'o home da voz profunda', unha das figuras máis recoñecibles e carismáticas do rock actual que presenta o seu último traballo, 'Blues Funeral'.
Lanegan promete unha noite memorable na que presenta en Galicia ‘Blues Funeral’, o seu novo disco tras oito anos desde o último. Como banda teloneira actuarán os belgas Creature with the Atom Brain, que contan entre as súas filas con Aldo Struif (ex Millionaire).
Mark William Lanegan naceu o 25 de Novembro de 1964 en Ellensburg, WA, a 90 millas de Seattle. A banda que o fixo famoso, Screaming Trees, foi unha das menos populares pero máis excitantes xurdidas da fornada 'grunge' dos 90. Formouse cando Lanegan deixou o instituto e uniuse a Gary Lee Conner, Van Conner e Mark Pickerel. O seu debut foi un EP titulado Clairvoyance, (Velvetone Records 1986). Xunto a Screamnig Trees, Lanegan publicou, do 87 ao 89, catro discos para a compañía SST: Even If And Specially When (1987), Other Worlds (1988), Invisible Lantern (1988) e Buzz Factory (1989).
En 1989, Lanegan e Kurt Cobain, que eran moi bos amigos, gravaron para SubPop unha serie de cancións baixo o nome de The Jury, aínda que estas finalmente nunca foron publicadas. O experimento, en cambio, si serviu para que Lanegan, aconsellado por Mark Pickerel e Jack Endino, empezase a formularse a posibilidade de realizar un disco en solitario. Así é como xurdiu en 1990 The Winding Sheet, no que Lanegan contou coa colaboración de músicos como Mike Johnson, Mark Pickerel, Jack Endino, Steve Fisk, Kurt Cobain, Krist Novoselic e Justin Williams.
En paralelo á súa carreira en solitario, Lanegan continuou xunto aos Screaming Trees, publicando un par de discos para Epic: Uncle Anesthesia (1991) e Sweet Oblivion (1992), ademais dun terceiro album en 1993 que nunca sería editado. Despois, a banda decidiu tomar un descanso e Mark aproveitou para poñerse a traballar no que sería o seu segundo álbum en solitario, editado en 1993 baixo o selo Sub Pop: Whiskey For The Holy Ghost.
En 1996 Mark e os Screaming Trees volvéronse reunir para gravar o que sería o seu último disco, Dust (1996), ao que seguiría unha xira mundial por EUA e Europa entre 1996 e 1997. Despois desta xira, Mark puxo en marcha o que foi o seu terceiro álbum Scraps At Midnight, co que realizou unha mini xira a finais do 2000 por toda a costa oeste de EUA. No seu cuarto traballo, I'll Take Care Of You (Sub Pop, 1999), Lanegan homenaxeaba a todos os autores que admiraba e que o influíran durante toda a súa carreira. Este disco conseguiu grandes críticas e considérase un dos mellores da súa discografía. O seu quinto álbum, Field Songs, saíu á luz o 8 de maio do 2001. Un disco que combina un pouco de cada un dos seus traballos anteriores: a inigualable voz de Lanegan coas máxicas melodías que acompañan ás súas letras. En 2003 publica o Ep 'Here comes that weird chill' no que versionaba a Captain Beefheart. O seu último disco en solitario publicado ata a data foi 'Bublegum', no que contou coa participación de músicos do talle de Josh Homme, PJ Harvey, Grez Dulli, Izzy Stradlin, Duff McKagan…Entrou directamente ao nº 39 en Billboard e tivo moi boas críticas por parte da prensa especializada, que o cualificou como un dos mellores traballos de toda a súa carreira. Nos últimos anos, Mark Lanegan involucrouse en varios proxectos con artistas como Greg Dulli, (The Twilight Singers) Isobel Campbell (Belle & Sebastián), Soulsavers ou Queens Of Stone Age.
Sala Capitol
28/03/201228/03/2012
18 €
Entradas:
novacaixagalicia.es
Más información