Planocio

'Compostela Rock': Diamond Dogs
Hora de inicio: 21:00:00
A sala Capitol ofrece esta noite a oportunidade de gozar coa música dos Diamond Dogs, unha banda sueca que regresa a Santiago cun directo irresistible. O concerto forma parte de ciclo 'Compostela Rock', organizado pola Concellaría de Cultura do concello compostelán.

Diamond Dogs terán como teloneiros aos galegos Sugar Mountain, que presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación. Os suecos chegan a Compostela para presentar o seu novo álbum 'Set Fire To It All' capitaneados por dous dos guitarras máis importantes que tiveron: International Fred e Lars Karlsson.

Diamond Dogs naceron no 2000 grazas ao interese dalgúns membros das bandas máis importantes nadas en Suecia nos últimos anos (Hellacopters, Maryslim, The Soundtrack Of Our Lives) para poder dar renda solta a composicións que, por cuestións estilísticas, non tiñan cabida nos seus outros grupos. O resultado é un exercicio de estilo no que converxen o sleaze rock, o boogie sureño, o rhythm'n'blues, en definitiva, rock'n'roll. Sen caer no 'revival', tamén adoptan os seus sons favoritos, da mesma manera que fixeron os Rolling Stones, The Faces, Johnny Thunders, Jason & The Scorchers, Black Crowes e outros moitos nomes que inmediatamente veñen á cabeza escoitando as cancións de Diamond Dogs. Diamond Dogs visitaron España en 2001 para presentar o seu primeiro CD 'As Your Greens Turn Brown', ao que segui en 2002 'Too Much Is Always Better Than Not Enough'.

Sala Capitol
25/02/201225/02/2012
15 € + gastos distribución
18 €
Venda de entradas: Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tendas Tipo, Discos Gong
www.ticketmaster.es

Más información

Quizas te interese

#compostelarock

Twittea utilizando el hashtag #compostelarock y tu tweet aparecerá aquí

Publicidad

  • Planocio.com © 2012