Planocio

Concerto de David Bisbal
Hora de inicio: 21:00:00
O artista almeriense David Bisbal volve de novo a Santiago dentro da súa primeira xira acústica de grandes éxitos. Repaso aos mellores temas dos seus catro discos publicados ata a data nun formato íntimo e con novos arranxos.
Tras o frenético tour "Sin mirar atrás", Bisbal ispe a súa voz acompañado por guitarras acústicas e españolas, piano, contrabaixo ou percusión.

Unha oportunidade extraordinaria para descubrir como nunca antes ata agora os grandes éxitos de toda a súa discografía. O mellor de todo o seu repertorio en vivo con novos arranxos que poñen de relevo unha dimensión inédita das súas cancións nun formato cun son puro e unha atmosfera moi íntima.
Sobre o escenario, a voz de David Bisbal está arroupada pola súa banda de músicos formada por guitarras acústicas e españolas, un piano de cola, contrabaixo, instrumentos de vento e percusión.
Hai dez anos que o artista almeriense iniciou a súa carreira en solitario. Durante este tempo publicou catro álbums, Corazón Latino, Bulería, Premonición e Sin Mirar Atrás, cos que supera unhas vendas de 4,5 millóns de discos vendidos, e realizou catro grandes xiras mundiais. Só no último ano ofreceu un centenar de concertos e foi número 1 en países como España, Estados Unidos, Arxentina e México. O seu brillante palmarés nacional e internacional, con máis de 50 premios outorgados pola industria musical en todo o mundo, entre os que destacan un Grammy Latino, dous Premios Ondas e varios Billboard Latin, consagrárono como o artista español máis internacional da última década.

Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
18/02/201218/02/2012
Entradas: servinova.com

Más información

Quizas te interese

Comentarios facebook
#bisbal

Twittea utilizando el hashtag #bisbal y tu tweet aparecerá aquí

Publicidad

  • Planocio.com © 2012