Planocio

'Compostela Rock': Corizonas
Hora de inicio: 21:30:00
Concerto de presentación dos Corizonas, a nova banda de moda do rock español, que nace da unión de Los Coronas e Arizona Baby e que elixiron Compostela para presentar o seu novo traballo ‘The News Today’.

O que comezou como unha insólita colisión de dúas bandas tan dispares, musical e xeneracionalmente, como Arizona Baby e Los Coronas coa xira "Dos Bandas y un Destino"  converteuse en apenas 1 ano na cita obrigada e a xira do momento. Unha fulgurante traxectoria de Sold-Out reflectida nun dobre DVD/CD, "El Concierto" que recolle unha desas noites históricas, a do Joy Eslava madrileño, obscenamente pletórico ata os topes.
Pero cumprido con creces o obxectivo inicial, ambos grupos, desafiando a actual lóxica discográfica,  acaban de concluír o seu reto definitivo. O que apunta xa a unxilos como o Gran Evento do Ano. Un álbum novo, conxunto, de temas propios, as dúas bandas fundíndose nunha soa que xa ten nome, como case todo o mundo os coñece, CORIZONAS. Un álbum estremecedor, tan brillante como insólito neste país, que a contada crítica que tivo acceso ao mesmo xa esixe a súa  inmediata edición internacional (USA, UK, etc).  Que pasa do rock rexenerado ao country ou o folk máis vital e innovador de bandas claves como Fleet Foxes, White Stripes, á vaguada emocional dos Jayhawks ou a paisaxe evocadora de Calexico. Todo con visión propia, inmaculada e rotunda, con 12 cancións marabillosas. Candidato desde xa ao Disco do Ano, e que, por incríbel que pareza, deixa en feo o seu excelso repertorio de versións clásicas que foi o argumento troncal da súa incríbel andadura.
O álbum de CORIZONAS (Los Coronas e Arizona Baby)  chamarase "The News Today"  como unha das súas agudas observacións sobre este mundo en crise. Apareceu inicialmente en España (Subtefuge) o 25 de outubro e con el un novo inicio para esta viaxe conxunta. Un novo concepto que abandona a imaxinería western da xira Dos Bandas y Un Destino, os seus uniformes e posta en escena.  Un novo set que deixa parcialmente atrás o repertorio de versións para centrarse nesa pléiade de himnos emocionantes que nos espera. Un novo cartel, novo deseño escénico, e un cambio substancial do seu ideario cinematográfico nas visuais. Todo nunha nova xira que comezou en novembro e que agora chega á nosa cidade da man do novo festival Compostela Rock.

Sala Capitol
10/02/201210/02/2012
15 €
Entradas: Novacaixagalicia

Más información

Quizas te interese

Comentarios facebook
#compostelarock

Twittea utilizando el hashtag #compostelarock y tu tweet aparecerá aquí

Publicidad

  • Planocio.com © 2012