Planocio

Ciclo 'Escena en familia': 'As aventuras de Tolín, o fillo do panadeiro'
O ciclo de ARTeria Noroeste 'Escena en familia' programa esta fin de semana a representación de 'As aventuras de Tolín, o fillo do panadeiro', un divertido espectáculo infantil de monicreques a cargo da compañía galega Títeres Cascanueces. Para nenos a partir de 3 anos.
Hai funcións o sábado 11 (18:00 h.) e o domingo 12 (12:30 h.).
O espectáculo conta a historia dun demo que, para estragar unha festa, róuballe a fariña ao panadeiro e marcha con ela ao seu castelo, alén do Bosque Tenebroso. Tolín, o fillo do panadeiro, solucionará o problema, pero... cun chisco de sorte.

Sede SGAE/Fundación Autor
11/02/201212/02/2012
Sábado 11: 18:00 h.
Domingo 12: 12:30 h.

Más información

Quizas te interese

Comentarios facebook
#escenaenfamilia

Twittea utilizando el hashtag #escenaenfamilia y tu tweet aparecerá aquí

Publicidad

  • Planocio.com © 2012