Hora de inicio: 19:00:00
Esta tarde, a parroquia compostelá de O Eixo celebra o seu tradicional entroido co espectáculo dos chamados Xenerais da Ulla, que implica toda unha escenificación na que interveñen diferentes personaxes.
- 19.00 h. O Eixo (Carballeira do Souto- Santa Lucía) Concello de Santiago de Compostela
GPS: 42º 50' 52.74" / 8º 31' 25.36"
A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.
Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun "exército" de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.
Dunha parroquia a outra, o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.
Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do entroido tradicional galego.
Máis info:
www.xeneraisdaulla.com
19/02/201219/02/2012
Sí
Más información