Hora de inicio: 10:00:00
Tras o recoñecido éxito alcanzado na súa primeira edición, Retro Galicia celebra a súa segunda convocatoria este fin de semana no Recinto Feiral de Amio en Santiago de Compostela. A elección da capital de Galicia como sede deste evento foi fundamental para alcanzar o éxito tanto na calidade dos expositores, coma na sorprendente cantidade de afeccionados e profesionais que de todo o noroeste peninsular visitaron Retro Galicia.
Outro dos determinantes motivos, ademais do máis que coñecido número de afeccionados ao mundo do automóbil e, en especial, ao vehículo clásico, que existen na Comunidade Galega, así como nas súas rexións limítrofes do norte de España e Portugal, é a excelente infraestrutura feiral que ofrece a Feira de Santiago de Compostela e as boas comunicacións viarias que enlazan Santiago, capital e centro neurálxico e xeográfico de Galicia, coas principais cidades galegas, de Asturias, Portugal, etc.
Retro Galicia, estará de novo dirixida por Eventos do Motor, S.L., empresa con máis de vinte anos de experiencia na organización de monográficos comerciais vinculados ao mundo da automoción, que foi a encargada de poñer en marcha, entre outros, os Salóns do Automóbil de Vigo, Sevilla, Valencia, Coruña, Zaragoza, etc., que dende hai nove anos leva a cabo AutoClássico Porto (Portugal), considerado como o certame de clásicos máis importante da península e Retro Bilbao.
Ao igual que na pasada edición, a actividade comercial do monográfico completarase cun intenso programa de actividades paralelas. Neste sentido, cabe destacar as que se celebraron en 2011, na que houbo numerosas concentracións de coches e motos, a chegada do Rally Rias Baixas de Clásicos, o día da moto, o MotorShow e as sesións Co-Drive realizados nun do aparcadoiros do Recinto, a retrospectiva Saab ou a conferencia levada a cabo polo Campión de Rallys Antonio Zanini, que permitiron dinamizar o desenvolvemento do evento e atraer o numeroso público ata o recinto feiral.
Sectores exposición: Automóbiles e Motocicletas (Compra, Venda, Restauración, Pezas e Accesorios), Clubes e Museos, Ralis e Concentracións, Libros, Medios de Comunicación e Revistas Especializadas, Seguros, Asistencia en Viaxe, Financeiras, Miniaturas de Colección, Maquetas, Vestiario de Época, etc.
Web oficial:
www.eventosmotor.com
Recinto Ferial de Amio
17/02/201219/02/2012
Venres 17: De 16:00 a 21:00 h.
Sábado 18: De 10:00 a 22:00 h.
Domingo 19: De 10:00 a 20:00 h.
Más información