Os aromas da cociña tradicional galega chegan ao Caney co Mes Gastronómico do Cocido. Durante todo o mes de febreiro, o Restaurante Caney rende homenaxe a unha das mellores tradicións gastronómicas de Galicia, o cocido. Cada martes, xoves e sábado a carta do Caney ofrecerá un suculento menú moi apropiado para estas datas, e que incluirá unha fumeante sopa de cocido, un cocido de cinco estrelas con grelos e repolo e, para finalizar, unhas deliciosas filloas caseiras con nata e mel.
Este abundante menú para combater o frío seleccionará os mellores ingredientes para elaborar os seus pratos: o xarrete de tenreira galega, os grelos de Sigüeiro, as patacas de Coristanco, os chourizos de Lalín, o polo de curral, o repolo do país, "cacheira", lacón etc.. Unha materia prima coidadosamente escollida para garantir a máxima calidade, selo indiscutible do Restaurante Caney.
O resto da semana, poderase gozar deste menú tan especial previa reserva telefónica.
Caney
01/02/201229/02/2012
Más información