O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o programa de visitas didácticas á exposición 'Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211', que se pode visitar nun dos edificios máis emblemáticos da Praza de Praterías, a Casa do Cabido, un edificio barroco que naceu como unha resposta para pechar o lado sur da praza de Praterías e que foi recentemente rehabilitado.
Pasados os traballos de rehabilitación do edificio, 'Compostella Dicitur' abriu ao público o luns 9 de xaneiro. Estes traballos desenvolvidos na Casa do Cabido enmárcanse no proxecto global de actuación cultural que o Consorcio da Cidade de Santiago está a realizar na praza das Praterías, xunto coa remodelación do edificio do antigo Banco de España, que se está a acondicionar como sede principal do Museo das Peregrinacións e de Santiago.
As visitas didácticas están orientadas a grupos de escolares, asociacións e colectivos interesados da cidade e xiran en torno á exposición mencionada, unha mostra cun marcado carácter multimedia, cunha produción audiovisual tridimensional e interactiva que procura trasladar ao visitante á Compostela do século XIII, cando finalizaban as obras da catedral románica.
Os interesados poderán apuntarse previamente nos teléfonos 981 55 44 00 e 981 55 44 01 (Departamento de Educación. Concello de Santiago de Compostela); ou a través do correo electrónico dptoeducacion@santiagodecompostela.org
Debido as múltiples solicitudes recibidas, ofrécense tamén estas visitas guiadas ao público en xeral. Con tal motivo, realízanse de dúas visitas os sábados pola mañá (unha ás 10.15 e outra ás 11.30 horas). Os interesados poden apuntarse previamente no teléfono 981 576 661 (exclusivo para os grupos dos sábados) ou presencialmente, na taquilla do propio edificio. Para a realización da visita os grupos resultantes deberán contar cun mínimo de 8 persoas e un máximo de 20 ata completar o grupo.
HORARIO E DATAS DE CELEBRACIÓN PARA VISITAS DIDÁCTICAS GUIADAS: CENTROS ESCOLARES, ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS
De martes a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 19 horas.
Tamaño máximo do grupo: 20 persoas.
HORARIO E DATAS DAS VISITAS GUIADAS A PÚBLICO EN XERAL (PREVIA SOLICITUDE)
Os sábados 21 e 28 de xaneiro e 4, 11, 18, 25 de febreiro: sesións ás 10.15 e ás 11.30 horas.
RESERVAS PARA VISITAS GUIADAS: CENTROS ESCOLARES, ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS
Departamento de Educación. Concello de Santiago de Compostela.
dptoeducacion@santiagodecompostela.org
Tfnos: 981 55 44 00 -981 55 44 01. Fax: 981 57 15 11
RESERVAS PARA VISITAS GUIADAS OS SÁBADOS: PUBLICO EN XERAL
Tfno: 981 576 661 e 981 55 44 00
Máis información:
www.santiagodecompostela.org e www.catedralsantiago800.com
Casa do Cabido
23/01/201225/02/2012
Más información