Planocio

A Gaivota
A gaivota, de Antón Tchekhov
comemora o 6 anos de abertura do
Tal – TEATRO ARTE LIVRE

O Teatro Arte Livre conmemora o seis anos de súa abertura, coa adaptación livre e dirección firmada por Eisenhower Moreno, de A gaivota, un clássico teatral, do dramaturgo russo Antón Tchekhov. Este venres, 17/02 ás 21:00h no Teatro Arte Livre. “Este é o proxecto que inaugura O CICLO DE CLÁSICOS DO TEATRO UNIVERSAL do Teatro Arte Livre. O CICLO DE CLÁSICOS DO TEATRO UNIVERSAL, é un proxecto idea que tiña gardado a moito tempo e que me pareceu ideal para comemora os nosos seis anos de existencia no mercado cultural Galego e vigués. Claro, non podería deixar que estrea este ciclo con outra obra A gaivota, texto que me inspirou a idea e que persoalmente aprecio moito por toda a súa complexidade, humanidade e actualidade. O CICLO DE CLÁSICOS DO TEATRO UNIVERSAL, enxeñoso e moi ambicioso, é un proxecto realizado por Encena Producións Artísticas, que ten como principal obxectivo achegar ao público unha visión contemporánea e atemporal de obras dos mestres do teatro clásico universal. Con modernidade, frescor e mantendo a actualidade destes textos que non perderon a súa forza co tempo. Unha reflexión crítica condición humana e súa formación social, moral e política. Queremos envolver o público quebrando os tabús sobre os textos clásicos, tais como: é complicado, aburrido e monótono. Unindo o público que admira e coñece as obras, todas en dominio público, co o público mais novo que non coñecen o ten referencias equivocadas das obras, cumprindo así o traballo de formación e fomento. O teatro cumprindo papel social de manter viva a historia, de educar, entreter e facer pensar. Cóntanos Eisenhower Moreno.

O ESPECTÁCULO
No escenario Con Roberto Cordovani, Eisenhower Moreno, Bruno Portela, Cristina Collazo, Diana Gonzalez, Javi Toste e Paula Álvarez, dan vida a está delicada e humana comedia. A gaivota, nun único acto, dividido pola pasaxe do tempo, do reloxo que acorda a todo instante a falta de tempo para encontrarse, que deixa caer as máscaras e que revela o verdadeiro ser. Un espectáculo dun traballo de actor moi elaborado, intenso e sustentado na complexidade das emoción exploradas, expostas ou non. Un teatro onde a palabra nin sempre é o vehículo da exposición do sentimentos, nin todo esta exhibido de forma directa, cara actor ou cara público. Unha aposta en escena enfocada na verdade das interpretacións para exploraren e faceren real a riqueza do gráfico emocional de cada personaxe. O silencio revela o que está oculta na entreliña. A música de instrumentos clásicos(violín, piano, arpa...), hora suave e perversa, hora intensa e sutil, ademais dos sons de vento, agoa, gaivotas, grilos ambientan e nos trasladan ao espazo tempo da trama, elementos dramáticos que compoñen e reforzan o desenvolvemento da historia.
Cóntanos Eisenhower Moreno.

A ADAPTACIÓN(O TEXTO)
“Adaptar A Gaivota foi un desafío, mais un pracer. A obra que foi presentada polo autor como unha comedia, foi moitas veces montada como un drama, busquei ser fiel a este desexo do autor intensificando o humor crítico deste grande autor.”
A Gaivota é unha reflexión sobre as relacións humanas a liberdade de ser e de crear, a crítica do mito e da fama, o teatro dentro do teatro, o artista e o ser humano. A condición social que obriga a procura dun éxito rápido e a calquera prezo. A intención é conseguir que o público, non soamente se identifique, mais que sexa xurado, culpado, cómplice, xuíz das moitas vertentes da trama .Un ollar crítico que observar, que espía o exterior e interior do universo que cada personaxe. As dúbidas, certezas, mentiras, verdades que intrigan e inquietan. O tempo que non espera a recuperación da debilidades mais que reflicten o interno destorcido, conflictivo e insatisfeito daquelas persoas. Un xogo de ambigüidade premeditada coa intención de que cada un extraia súas propias conclusións. A natureza humana é moi complexa e os sentimentos, poucas veces se pode delimitar con precisión. O limite que divide o amor e o odio, o perdón e rancor, as posibilidades e as imposibilidades. A adaptación respecta as principais características da estruturación teatral de Antón Tchecov e dálle forza e actualidade ao tema central da obra.

A HISTÓRIA
A Gaivota xira en torno aos conflitos emocionais de Konstancia, filla dunha actriz famosa, Arkadina. A moza aspirante a escritora, que busca exhibir a súa personalidade artística, en formato de unha obra teatral, cargada de densidade e figuras insólitas. O repudio ao teatro convencional e realista é determinante para dedicarse ao nacemento dunha nova forma expresión teatral. A linguaxe poética é o recurso escollido para o seu fracaso teatral, rexeitada pola elite da arte ou ciclo social de súa nai (o famoso escritor Trigorin, mozo de Arkadina) e polo desprezo de Nina, a súa fonte de inspiración. O teatro, o idealismo utópico de Konstancia, as futilidades frívolas da arrogante actriz burguesa Arkadina, co seu escrito famoso, o retrato social banal, é o pano de fundo para afrontamento coa complexidade dun universo de incertezas. Nada é o que parece ser. Dúas mulleres, dúas xeracións, unidas polo lazos familiares, a mesma tristeza miúda, por rancores gardados e pola mesma amargura. Separadas polas diverxencias, separadas polo tempo, pola distancias de dous mundo e polas ambicións. Mundos con obxectivos tan distintos, mais que se encontran na imposibilidade de fuxir do inevitábel, a soidade. Un xogo psicolóxico sorpréndete construído en unha harmonía estética natural, incompatíbel coa frustración dos personaxes que poboan esta historia. Os conflitos dos personaxes crían unha ligazón directa co espectador ao mesmo tempo en que presenta unha visión profunda dunha sociedade cada vez mais vulnerábel aos males existenciais, tema tan actual. Son “audíbeis” os sub textos que móvense durante os diálogos, ora indo ao encontro da fala e das opinións que non son ditas, ora indo en dirección contraria, comentando silenciosamente. A Melancólica, tedio e falta de sentido corroe a alma de case todas as personaxes, cuxas ilusións son desfeitas na banalidade en que todo (amor, ideal, busca do pracer ou do triunfo) se converte.
Atención ós horários especiais da tempada de A Gaivota
xoves e venres 21 h
sábados 20:30 e 22:30 h
domingos 20 h
Prezo único 10 euros
TEATRO ARTE LIVRE
RÚA VAZQUEZ VARELA, 19
CORTA TEMPADA
EL Producións Artísticas

Quizas te interese

Publicidad

  • Planocio.com © 2012